Proxectos 1. Femlegal

Femlegal é unha consultoría e asesoría legal e Escola Virtual de Formación que se define no Laborando como proxecto Feminista e Contra as Violencias Machistas. Aqui información sobre elas para que as vaiades coñecendo. Fai click no logo mais abaixo para aceder diretamente á súa web.

O sábado 26 de novembro teredes a oportunidade de falar con elas diretamente no stand que terán na feira do Mercado de San Agostiño.

Regularmente iremos publicando información de todas as participantes na Feira. Fica atenta e sígue este blog para actualizacións sobre o evento e as súas participantes.

Femlegal

“Participo no Laborando para difundir o meu proxecto e coñecer novas iniciativas e posibles colaboracións en rede”

Deixar un comentario