Laborando. Feira de Proxectos de Vida Feministas

O grupo de Experiencias Feministas da Pardo Bazán estamos a argallar unha feira de iniciativas e proxectos persoais, laborais e sociais para colectivos, organizacións e persoas individuais a traballar especificamente ou como parte do seu traballo gobal desde a perspectiva feminista, de igualdade e contra as violencias machistas.

A feira terá lugar o Sábado 26 de novembro das 10:00 ás 22:00 no Mercado de San Agustín na Coruña, e contará coa colaboración da Concellaría de Igualdade e Diversidade.

Os principais obxectivos desta iniciativa son:

  • Dar a coñecer os proxectos profesionais e de vida pensados desde unha perspectiva de xénero
  • Xerar un foro feminista para coñecérmonos, divulgar as nosas propostas e compartir experiencias, é dicir, facer networking feminista.
  • Coñecer a outras persoas traballando desde os feminismos para crear sinerxias, visibilizarnos e idear estratexias para mellorar as nosas condicións laborais, sociais e emocionais; para non estar sempre soas.
  • Poñer en valor as nosas experiencias profesionais e vitais.

Contémplanse varias posibilidades de participación tendo en conta as particularidades de cada proxecto ou iniciativa:

  • Stand expositivo de proxectos .
  • Obradoiros (30-45 minutos).
  • Presentación audiovisuais (Videos, proxeccións…) de proxectos.
  • Exposicións de traballos artísticos.
  • Micro Aberto / Jam Session Só precisas traer a túa voz e/ou outro instrumento musical.

Quen pode participar?

Este proxecto de feira feminista tenta ser unha xornada de visibilización e celebración do feminismo como xeito de vivir e un espazo de encontro e creación de sinerxias entre as mulleres e colectivos afíns

Poderán participar nalgún dos múltiples espazos da feira os proxectos de colectivos ou persoas que, desde unha liña de crecemento persoal, laboral, social e/ou cultural,  traballen todas ou algunha destas perspectivas:

  • Feminista
  • Igualdade de xénero + migración, diversidade funcional, etc.
  • Contra as violencias machistas
Se che toca a temática e enfoque desta feira, sea que te identifiques como muller, home ou identidades diversas, podes inscribirte ata o 10 de novembro utilizando este formulario https://goo.gl/forms/Cm1ecT2goaoAyL5B2
Para calquera dúbida contáctanos en experienciasfeministas@gmail.com
Todas e todos os que talvez non teñades proxectos que presentar pero tedes interés e unha certa sensibilidade polos temas que propoñemos sodes benvid@s a asistir á feira e compartir connosco un outro xeito de construir a vida.
Contamos coa colaboración da Casa Museo Emilia Pardo Bazán e do Concello da Coruña
Advertisements

2 thoughts on “Laborando. Feira de Proxectos de Vida Feministas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s